A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) analiza o XII Informe de Privatización Sanitaria das Comunidades Autónomas, publicado pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP), e alerta sobre o avance da privatización en Galicia. Segundo a súa valoración, 2.640 millóns de euros, equivalentes ao 47,7 % do gasto sanitario público galego de 2026, corresponden a concertos sanitarios e non sanitarios, gasto farmacéutico e material sanitario. A organización destaca tamén que a poboación galega soporta un gasto sanitario do seu peto de 659 euros por persoa e denuncia a relación entre as listas de espera, as derivacións a centros privados e o debilitamento dos servizos públicos. Ante esta situación, a AGDSP reclama un cambio de orientación que priorice as necesidades de saúde da poboación e reforce a capacidade da sanidade pública.
Descubre más desde FADSP
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.